Exposición en Muros: ‘Creatividade popular e memoria do Prestige’

  • Comeza: Xoves, 4 de Xullo do 2019 ás 19:30h
  • Remata: Domingo, 28 de Xullo do 2019 ás 20:00h
  • Centro Patrimonial Conserveira de Sel
  • Muros

No outono-inverno de 2002 e 2003 Galiza sufriu a peor catástrofe ecolóxica da súa historia. O naufraxio do Petroleiro Prestige tinguiu de negro gran parte do seu litoral pero ante a deseperanza o pobo reaccionou axudándose, cooperando. O Nunca Máis foi unha forma de revolución social mais tamén cultural.

Esta exposición quere mergullar na memoria das persoas que viviron a traxedia e a reacción cidadá (de primeira man ou desde a distancia) a través dunha mostra dos símbolos, obxectos, imaxes e cartaces que marcaron aqueles días. Tempos en que a vangarda cultural se puxo ao servizo da sociedade galega e a creatividade se mesturou co activismo mariñeiro, o compromiso co medio natural e a loita pola dignidade popular.