Exposición ‘Unha Gran Burla Negra. Guerrilla Gráfica’

  • Comeza: Sábado, 9 de Marzo do 2019 ás 12:30h
  • Remata: Sábado, 6 de Abril do 2019 ás 19:30h
  • Auditorio Municipal de Rianxo
  • Rianxo

O proxecto ‘Unha Gran Burla Negra. Creatividade popular e memoria do Prestige [2002-2019]’ recala desta volta en Rianxo. O sábado día 9 de marzo inaugúrase a exposición Unha Gran Burla Negra. Guerrilla Gráfica. No Auditorio da vila que viu nacer a Castelao poderanse ver moitas das imaxes creadas por debuxantes do país, e doutros lugares, en torno á catástrofe do petroleiro e a súa nefasta xestión por parte dos diferentes gobernos. Unha mestura de crítica política, humor e retranca que converteu a banda deseñada, a viñeta, as tiras cómicas, … pero tamén as pantallas, os propios muros das cidades ou os xogos de cartas, nun espazo onde os e as profesionais do deseño condensaban en iconas o sentir popular. O Colectivo Chapapote agrupou daquela a moitos e moitas artistas da ilustración e o humor gráfico e as súas publicacións e actividades demostraron a utilidade social dunha arte até ese momento considerada menor.

Inauguración: sábado día 9 de marzo

12.30 h. Pase da curta documental ‘Unha gran Burla Negra’ (Caneca Filmes, 2018) + coloquio coas realizadoras.

13.30 h. Visita á exposición cos coordindores do proxecto.


Horario de apertura:

Luns de 09:00 a 14:00
Martes a Venres de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:30
Sábado de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:30
Domingo Pechado


Coordinación de contidos e deseño de cartaz: Pancho Lapeña

 

Colabora:

Concello de Rianxo