Presentación curta documental e mesa redonda
- Comeza: Venres, 30 de Novembro do 2018 ás 19:30h
- Remata: Venres, 30 de Novembro do 2018 ás 21:30h
- Teatro Elma
- A Pobra do Caramiñal
19.30 h: Presentación do proxecto Unha Gran Burla Negra. Creatividade popular e memoria do Prestige (2002-2019) + pase da primeira montaxe do documental de elaboración propia.
20.00 h: Mesa redonda: 16 anos, unha chea de meses para o ser humano e unha nimiedade para a natureza.
16 anos que converteron unha catástrofe en memoria e en redución da resiliencia do medio no que vivimos.
Tras este tempo, o mar non esquece e a xente non perdoa. Moitas de nós lembramos o 13 de Novembro con dor, rabia e impotencia. Cada rocha, ave ou elemento da costa tocado polo chapapote; foi un erro da ineptitude e inconsciencia dun ser humano cada vez máis desconectado da súa esencia natural. O que é de todas tócanos a todas conservalo. O que é de todas, non pode ser destruído por uns cuantos.
Nesta mesa redonda trataremos de poñernos na posición do mar, pensar e recordar o que pasou, para recapacitar como seres intelixentes nos erros e o que mudou dende o día 13 de Novembro de 2002 a hoxe.
Presenta e modera:
– Diego Vázquez. Xestor de fauna silvestre e educador ambiental.
Convidadas:
– Paula Méndez Fernández. Experta en contaminación mariña e Investigadora no “Observatoire Pelagis”
– Toño Acuña, veterinario do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cotorredondo no momento da catástrofe.
– Xaquín Rubido Muñiz, Presidente da PLATAFORMA DE DEFENSA DA RÍA DE AROUSA, Portavoz da Plataforma NUNCA MÁIS.