III Foro Negro

sábado 15 de decembro de 2018, Auditorio de Galicia, Compostela

Presentación

O III Foro Negro da Cultura enmárcase no proxecto Unha Gran Burla Negra. Creatividade popular e memoria do Prestige 2002-2019.

O I Foro Negro tivo lugar en 2003 convocado como espazo de denuncia e construción dunha alternativa comunitaria política e cultural fronte á nefasta xestión do desastre do Prestige. A segunda edición celebraríase cinco anos despois, no desaparecido Insitituto Galego da Información (IGI), organizada pola Asamblea Burla Negra constituída xa na rede Arredemo, co obxectivo de gobernar o descontento político do momento e apoiar ao tristemente desaparecido Isaac Díaz Pardo no seu pasamento dentro do Grupo Sargadelos. Dez anos despois, esta III Edición do Foro Negro á que vos convidamos agora as prácticas bruxas que rondamos o saber académico, proponse recuperar aquel espírito comunitario e restaurar, mediante o afecto, o fondo trauma dun corpo cultural sen oportunidade para o dó.

¡O Foro Negro chama ás forzas escuras! Convidámosvos a celebrar o pasamento da cultura tras estes anos de gran Burla Negra en Galicia. A xornada, á que poden asistir todas as persoas que estean interesadas, consistirá nun ritual funerario de tránsito que comeza coa necesaria “denuncia ou confesión” que vos dará acceso ao espazo do limbo. Alí  poderedes participar dos obradoiros de Abellón (ritual fúnebre sonoro), Vudú (confección de bonecas de poder), os rituais  “Alén da palabra” e “Esquizoanálise GZ” ou acudir ao Grimorio do Foro Negro en busca de feitizos e conxuros. Xa pola tarde terá lugar a celebración da asamblea Foro Negro da Cultura e o funeral solemne. 

Equipo III Foro Negro: Miguel Anxo Rodríguez, Jorge Linheira, Daniel L. Abel, Sol Álvarez, Pancho Lapeña, Mauro Trastoy, Berio Molina, Caneca Filmes, Horacio González, Ania González, Fur Alle Falle, Ergosfera, Paula Pin, Xoan Xil, Central Folque, Non Ou Edicións, Pablo Orza, Carlos Santiago, Colectivo rpm e Asociación de Afectados por la Homogeneización del Patrimonio Inmaterial de la Cultura Actual (Aahpica).

Outros arquivos do III Foro Negro

Presentación

O III Foro Negro da Cultura enmárcase no proxecto Unha Gran Burla Negra. Creatividade popular e memoria do Prestige 2002-2019. O I Foro Negro tivo lugar en 2003 convocado como ...

Inscrición

Convidámosvos a participar no III Foro Negro da Cultura que celebraremos o sábado 15 de decembro de 2018 no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. Todas as persoas ...

Actividades

ACTIVIDADES III FORO NEGRO DA CULTURA 11h Tránsito Denuncia ou confesión (Fur Alle Falle) 12h Limbo Obradoiro Vudú (Paula Pin) Obradoiro Abellón (Xoan Xil + Central Folque) ...