Manifestación dos paraugas en Compostela
Santiago de Compostela
1 de Decembro de 2002 | 12:00h
Multitudinaria manifestación en Compostela, sen precedentes en Galicia. Máis de 200.000 persoas invaden a capital galega, baixo unha constante chuvia, para berrar indignadas ‘Nunca Máis’. Ese día a praza do Obradoiro non acollía a centos de ghaiteiros para honrar a un fascista voluntario a sucesor de sátrapa; ao contario, quedábase pequena para acoller ao pobo.