Máis Nunca Máis. A memoria 2019

Sinopse

Atopámonos ante un filme imprescindible para comprobar a forza e transversalidade dun espírito e dun tempo. Dese tempo fértil e continuo, que vai tecendo unha memoria activa e conectada. Os/as protagonistas deste vídeo falan, entre outras reflexións, de feitos que fixeron e farán medrar a autoestima dun pobo, dunha cidadanía que experimenta o empoderamento pola vía creativa dun xeito, por que non dicilo, “heroico”, en momentos de moita fondura emotiva.

Esa conexión entre xeracións queda patente na implicación dunha serie de persoas comprometidas, xente nova vencellada á xestión cultural e á universidade, integradas nunha estrutura cultural chamada “Unha Gran Burla Negra”. Eles retoman e denuncian o esquecemento interesado daquela grande maquinaria de crear, de dignidade e de desfacer mentiras que foron a Plataforma cívica Nunca Máis e Burla Negra, o brazo cultural do movemento cidadá.

O documentario fílmase nun espazo onde habitan miles de imaxes, movéndose arriba e a baixo, esquerda e dereita agrupadas ou illadas en diferentes recantos da sala… Estas esperaban a palabra, aquela verba que foi semente e aglutinante dun corpo fecundo de grande humanidade: o Nunca Máis.

Pepe Galán

Título: Máis Nunca Máis, a memoria 2019
Guión e dirección adaptado: Pepe Galán
Operador de cámara: Xosé Cruz (Anxo Mahía)
Imaxe vídeo e fotografía: Antón Sueiro
Música composta e interpretada: Pulpiño Viascón
Son directo (Canción, Cartas de amor): Paco Campos
Intérpretes Poema de Álvaro de Campos (F. Pessoa): Campos e Taboada
Posprodución de son: Pepa Valdespino
Montaxe: Carmela Barbeito
Posprodución: Galanobradoiro
Produción: Unha Gran Burla Negra
Participan: Radio Buguina, Galanobradoiro, Difusora
Atrezzo: Expo.Gal
Colaboran: Concello da Coruña, Deputación da Coruña
Xénero: Documentario histórico
Duración: 01:29:00


Presentación
Pepe Barro
Pepe Galán
Jorge Linheira
Xosé Manuel Sande
Anxo Varela

Palestra
Suso de Toro
Felipe Louzán
Manuel Rivas
Uxía Senlle

Libro
Celtia Sar
Manuel Rivas
Xurxo Souto
Xosé Lois Vázquez