Faladoiro nun bateeiro. O chapapote na ría. Activismo mariñeiro, cultural, social

En relación coa exposición ‘Unha Gran Burla Negra. Guerrilla gráfica’, que se puido ver no Auditorio de Rianxo a pasada primavera, organizamos o faladoiro ‘O chapapote na ría. Activismo mariñeiro, cultural, social’. Este é un pequeno vídeo que resume a agradable conversa que mantivemos con Nito Dios (mariñeiro e membro da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa), Felipe Louzán (capitán de Marina Mercante e perito de Nunca Máis), mariñeiros e mariñeiras de Rianxo que viviron de primeira man aqueles días e outras persoas implicadas nas loitas de Nunca Máis nos xulgados.