Unha Gran Burla Negra no IES Xelmírez II
- Comeza: Mércores, 13 de Novembro do 2019 ás 00:30h
- Remata: Xoves, 5 de Decembro do 2019 ás 00:00h
- IES Arcebispo Xelmírez II
- Santiago de Compostela (A Coruña)
Un día coma hoxe, o 13 de novembro de 2002, Galiza recibía a primeira noticia do Petroleiro Prestige a través do mayday lanzado por Apostolos Mangouras, o seu capitán. Un forte temporal abrira unha fenda no casco do buque que o facía ingobernable.
Dezasete anos despois seguimos desde a Asociación Unha Gran Burla Negra activando a memoria daquel acontecemento. Un accidente que unha xestión política nefasta converteu nunha catástrofe medioambiental sen precedentes.
Nesta ocasión, e por convite de profesorado do centro, despregamos parte do Arquivo Vivo do proxecto no Instituto de Ensinanza Secundaria Arcebispo Xelmírez II. Unha boa ocasión para converter os documentos que gardamos –e a multiplicidade de relatos que producen– nunha ferramenta educativa.
Inauguración: 13 de novemebro de 2019, 12.30 horas.
Instituto de Ensinanza Secundaria Acebispo Xelmírez II
Rúa Irmandiños, 15, Santiago de Compostela.