Tapices da Memoria: Nunca Máis chapapote patriarcal

  • Comeza: Sábado, 24 de Setembro do 2022 ás 08:30h
  • Remata: Xoves, 15 de Decembro do 2022 ás 00:00h
  • Facultade de Socioloxía, Universidade da Coruña
  • A Coruña

Setembro-Decembro/ 2022

Visitas á exposición de luns a vernres de 8,30 ata 14,30

O pasado Setembro de 2021 presentábamos xunto ao Concello de Fisterra a exposición Tapices da Memoria: Nunca Máis chapapote patriarcal coa que celebrábamos e actualizábamos a convocatoria da Marcha Mundial de Mulleres do 2003 acontecida en Costa da Morte no marco das protestas activadas polo movemento cidadán do Nunca Máis. Un ano máis tarde, coincidindo co vinte aniversario do afundimento do Prestige, alegrámonos de presentar esta mostra no edificio da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña, ocupando ademáis algúns dos espazos nos que fai vinte anos os estudantes colgaban as pancartas reivindicativas contra a xestión da catástrofe.

Desde finais de setembro e ata mediados de decembro poderá visitarse esta expoxición que forma parte do programa de actividades do IV Obradoiro de Naturezas Híbidas, iniciativa do grupo de innovación docente conformado polos profesores de socioloxía Elvira Santiago Gómez, Carlos Diz e Jose Antonio Cortés Vazquez. Despois dunha viaxe inmersiva do alumnado ata Costa da Morte, onde tivemos oportunidade de presentar o Arquivo Vivo da Asociación, o proximo día 6 de outubro as 18h á conclusión das xornadas de reflexión Ruídos e silencios nas catástrofes marítimas conducidas por Guadalupe Jiménez-Esquinas e a asociación cultural Zona Hadal, pecharáse o obradoiro coa inauguración da mostra Tapices da Memoria: Nunca Máis chapapote patriarcal.

+info

Naturezas_22_programa_UGBN


Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña (Programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais).