Presentación e debate ‘Unha gran burla negra’ (curta documental)
- Mércores, 5 de Decembro do 2018 ás 21:30h
- A Gentalha do Pichel
- Santiago de Compostela

No marco das sesións do Cineclube de Compostela, e despois da estrea na Pobra, preséntase en Santiago a primeira montaxe feita por Caneca Filmes do documental ‘Unha gran burla negra’. A proxeción virá acompañada dunha conversa coas responsables da realización e a edición (Sara Pérez e Diego Vites) e algunhas das persoas que interveñen na curta, así como parte da equipa do proxecto xeral.
Será unha boa ocasión para falarmos desa memoria complexa do Prestige.
Mércores 5 de decembro ás 21:30 no Pichel
Unha gran burla negra
(Sara Pérez / Diego Vites, Galicia, 2018, 25′, VO)
(Sara Pérez / Diego Vites, Galicia, 2018, 25′, VO)
Coa presenza das realizadoras