Inauguración da exposición ‘Máis Nunca Máis’ e palestra
- Comeza: Xoves, 17 de Xaneiro do 2019 ás 19:30h
- Remata: Domingo, 3 de Marzo do 2019 ás 00:00h
- Palexco
- A Coruña

Inauguración da exposición Máis Nunca Máis
+ Palestra (20.00 h) Nunca Máis por algúns dos seus protagonistas:
Manuel Rivas + Uxía Senlle + Felipe Louzán + Suso de Toro
Un traballo sobre manifestos, imaxes, datos, pancartas, lemas, pintadas, fotos e videos recollidos por xente diversa naqueles anos 2002-2003 no que o pobo se puxo en pé para defender o país tras a catástrofe do Prestige e a ausencia de gobernanza. Velaí o fondo documental contido en dous arquivos dixitais: N+CDs e N+Libros, que cede para esta montaxe expositiva Difusora de Letras, Artes e Ideas.
[Un proxecto dirixido e deseñado por Radio Buguina]
Exposición aberta do 17 de xaneiro ao 3 de marzo
Palexco / A Coruña
Horario visita: todos os días, de 12 a 14 horas + de 18 a 21 horas.