Ximprón

1. Praia pequena en Lira, Carnota. Sinónimo de “zona 0” e máxima cantidade de petróleo. En decembro de 2002 traballaron ata 900 militares e varios centos de voluntari@s, liberando a costa de máis de 1000 toneladas de chapapote POR DÍA! (Segundo a empresa encargada de organizar os traballos, OSRL). SS.

2 . Foi o lugar de máis impacto do fuel, o que deu máis historias e que ofreceu aquela foto de portada de El País que percorreu o mundo, onde se vía un grupo de soldados rescatando un compañeiro que era engulido polo fuel. ChF., ML., MLo.