Voluntariado

1. Adoitabamos dicir que non eramos persoas voluntarias, senón obrigadas pola situación. Sexa como for, serviu para nomear o movemento de solidariedade orixinado pola marea negra que provocou que milleiros de persoas, tanto galegas como de fóra, se botasen ás praias coa vontade de limpar o chapapote que ía chegando. A organización recaeu principalmente nos colectivos ecoloxistas e nalgún caso nos concellos, que destinaron instalacións municipais onde distribuír tarefas e roupa de traballo ás participantes en cada limpeza diaria. Neses mesmos pavillóns durmían as persoas chegadas de fóra en colchonetas e sacos tirados no chan. RA.

2 . Todas aquelas persoas que fan o que os gobernos non fan. SL.

3 . Pessoas que desenvolvem ações de interesse social e comunitário visando o bem-estar social e contribuindo para um mundo mais justo e solidário. A solidariedade e o altruísmo são os valores morais nos quais se alicerça as ações de voluntariado.
A resposta popular foi esmagadora, sem precedentes, imprescindível, emocionante, internacionalista, intergeracional, interclassista…
Conforme os dados oficiais mais de 65.000 pessoas limparam o chapapote mas a quantidade de voluntários é incalculável se ampliarmos o foco das ações.
Com seus trajes e máscaras brancos sobre o pano de fundo negro do chapapote, tornaram-se uma imagem icónica e símbolo da solidariedade, do civismo, do ecologismo e da grandeza do ser humano. XP.