Vagha de mar campal

Expresión da nosa zona para denominar esas vagas de mar que soben polas rúas nos temporais duros e de mar aberto. En Muxía ata que se construíu o peirao eran a causa de vermos rúas anegadas de mar e ata gamelas circulando por elas. Agora xa non sobe o mar polas rúas, pero ás veces si que cando hai vaga de mar chega ata a praza do Coído e ese ano foi así. VR.