Tronco de Senegal

Polo concello de Carnota pasaron milleiros de voluntarios integrados en diferentes grupos, con algúns destes grupos mantivemos contacto continuo e ademais de colaborar na limpeza ou organización colaboraron con material gráfico nas actividades dos diferentes cabodanos. Un destes grupos foi “O Tronco de Senegal”. Chamounos a atención o nome pero non atinabamos o porqué, ata que o descubrimos. O nome facía referencia a unha das primeiras versións dadas pola administración, afirmando que o furado do casco do petroleiro debíase ao impacto dun tronco á deriva, un tronco africano caído dalgún cargueiro. Así que tiraron de ironía e puxéronlle ese nome ao seu colectivo. NU.