Trece (13)

1. Sobre todo o demais, a do Trece segue sendo unha praia monumental. Pero é difícil esquecer que é un número de mal agoiro nalgunhas culturas e que foi o décimo terceiro día do mes de novembro de 2002 cando o Prestige lanzou un mayday que cambiaría as nosas vidas. Aquel día, ao pasar polo Dispositivo de Separación de Tráfico Marítimo de Fisterra, a tripulación escoitou un forte golpe e notou como o barco comezaba a escorar rapidamente a estribor. As máquinas pararon de forma automática. A escora debeuse a un fallo estrutural que produciu unha fenda de importantes dimensións no casco, por onde empezou a verter parte da carga ao mar. A causa real deste fallo estrutural nunca se coñecerá porque as probas que permitirían chegar a conclusións definitivas acabaron a 3.700m de profundidade. XR.

2. [de novembro] Data do afundimento do buque Prestige. Bo número se non crece. SL.