Glosario N.M.

Coñece máis sobre o glosario

Trece (13)

Sobre todo o demais a do Trece segue sendo unha praia monumental. Pero é difícil esquecer que é un número de mal agoiro nalgunhas culturas e que foi o décimo terceiro día do mes de novembro de 2002 cando o Prestige lanzou un mayday que cambiaría as nosas vidas. Aque día, ao pasar polo Dispositivo de Separación de Tráfico Marítimo de Fisterra, a tripulación escoitou un forte golpe e notou como o barco comezaba a escorar rapidamente a estribor. As máquinas pararon de forma automática. A escora debeuse a un fallo estrutural que produciu unha fenda de importantes dimensións no casco, por onde empezou a verter parte da carga ao mar. A causa real deste fallo estrutural nunca se coñecerá porque as probas que permitirían chegar a conclusións definitivas acabaron a 3.700 m de profundidade.