Rede

Foi outro mandato que saíu do Foro Negro, no sentido de activar a cultura galega e aproveitar a enerxía de Nunca Máis para traballar colectivamente, superando resentimentos e minifundismos e, dalgunha maneira, aprender a coñecernos de novo entre nós. Plasmouse na rede Arredemo e na filosofía de reivindicar as accións de calquera colectivo como propias, máis alá da tradicional desconfianza entre os distintos focos do activismo. CS.