Glosario N.M.

Coñece máis sobre o glosario

Rede

Foi outro mandato que saíu do Foro Negro, no sentido de activar a cultura galega e aproveitar a enerxía de Nunca Máis para traballar colectivamente, superando resentimentos e minifundismos, e dalgunha maneira aprender a coñecernos de novo entre nós. A súa plasmación foi a rede Arredemo e a filosofía de reivindicar as accións de calquera colectivo como propias, máis alá da tradicional desconfianza entre os distintos focos do activismo.