Glosario N.M.

Coñece máis sobre o glosario

Concerto Expansivo

Con máis de trescentas actuacións simultáneas en todo o país e no resto do estado, o Concerto Expansivo foi a demostración práctica de que a nosa cultura era quen de autoorganizarse e rebordar a situación anémica na que se pretendía mantela. O Manifesto contra o Silencio, escrito por Manolo Rivas, serviu de aglutinante a unha manifestación artística sen precedentes na que non faltou ningún xénero das artes escénicas, plásticas, literarias e audiovisuais.