Poema SOS

“Fomos ficando sós/o Mar o barco e mais nós”
Estes versos de Manuel Antonio entrañan o que foi aquel momento e por iso se converteron en bandeira. A soidade do mar, do barco á deriva e tamén nosa, como individuos que logo atopamos resposta e protección no colectivo. Sentimos que non había Estado, non había Administración que nos axudase e debíamos afrontar a catástrofe inminente sen ningún tipo de cobertura. O sós e o nós definírono todo: O SOS de chamada de auxilio, o sós de soidade e o nós do poder do colectivo, da unidade fronte á catástrofe. RA.