Glosario N.M.

Coñece máis sobre o glosario

Poema SOS de Manuel Antonio

Fomos ficando sos
o Mar o barco e máis nós

Estes versos entrañan o que foi aquel momento e por iso se converteron en bandeira: a soidade do mar, do barco á deriva e tamén nosa, como individuos que logo atopamos resposta e protección no colectivo. Sentimos que non había estado, non había administración que nos axudase e debíamos afrontar a catástrofe inminente sen ningún tipo de cobertura. O sos e o nós definírono todo: O SOS de chamada de auxilio, o sos de soidade e o nós do poder do colectivo, da unidade fronte á catástrofe.