001A Casa dos Voluntarios
002Aceite
003ADEGA
004Arao
005Arredemo!
006Big Bag
007Bioremediación
008Burla Negra
009Burliño/a
010Cacerola
011Cadea Humana
012Cadeas
013Cagalla-galleta-bosta-manto
014Capacho
015Carné Manipulador
016Carpa
017Cazo
018Cinta Adhesiva
019Contrainformación
020Contramaré
021Creatividade
022Cruces
023Des-prestige
024Dignidade
025Doritos
026Dulzaneiros
027EPIs
028Espátula
029Foro Nejro
030Galletas
031Ghalipote
032Hidrolimpiadoras
033Hilillos
034Imos sáir desta?
035Incopetencia
036Intemperie
037Kit Poético de Denuncia
038Limpar
039Mani das cen mil maletas
040Mani das Cruces
041Mani das Maletas
042Mani-festa-acción
043Máscara
044Milagros
045Mono Blanco
046Nave de Ardeleiro
047O Pais do Nunca Máis
048Os Maliños
049Pabellón Deportivo
050Pala Excavadora
051Paleta
052Pancarta
053Peche Activo, Reivindicativo e Reflexivo
054Peste
055Poema SOS de Manuel Antonio
056Portos de Galicia
057Redes
058SMS
059Testóns de Millo
060TRAGSA
061Trece (13)
062Trincheras
063Vagha de Mar Campal
064Víctor Dios
065Visita Real
066Voluntariado
067Voluntario Libre
068Ximprón
069Zona Cero
Mono Blanco
O contraste do mono branco coa negrura do chapapote e dos días de limpeza (non esquezamos que era decembro) creou unha iconicidade incomparable e perfectamente identificable visualmente. Pero isto sucedeu a media que transcorrían os días. Nos primeiros verte así vestida ou á xente que queres e te acompaña na limpeza é terrible porque significou a exteriorización da situación extrema. Como o loito tras unha perda significa botar por fóra a túa dor e exteriorizala, vestir o mono branco foi unha maneira de facer palpable o perigo e a angustia emocional e tamén física do momento . Vivimos aquela situación como de perigo: non só ambiental senón tamén sanitario (non debemos esquecer isto: tivemos medo ás consecuencias físicas que o contacto con aquela peste podería derivar no medio e en nós mesmas que o respirabamos). As imaxes que a memoria colectiva gardaba nese momento dos monos brancos eran as das películas de ciencia ficción, as dos detectores de ántrax (a cadea de atentados en Estados Unidos con carbunco era recente) e as de Chernobyl e, de súpeto, vernos así deulle un verniz contraditorio ao momento: por unha parte sentías que era irreal, que non estaba sucedendo e, pola outra, que o risco era tan grande como o doutras situacións históricas terribles que só coñecías pola televisión.