Máscara

Este obxecto tan cotián neste momento era algo absolutamente insólito para moitas de nós. Limpar o chapapote en pleno inverno con máscaras era horrible porque abafaban pero polo menos permitían loitar contra un inimigo que, se non visible, si era perceptible: o fedor do chapapote. Claro que nada semellante ao que veu despois, a loita contra un inimigo invisible e imperceptible de primeiras como é o coronavirus. RA.