Mans Limpas

A medida que organizabamos os grupos e destinos dos voluntarios atopámonos cun problema (entre outros). Cada voluntario estaba “selado”, así que ante calquera necesidade básica había que sacarlle todo o precintado e despois volta a colocalo. Non era viable e xurdiu o Mans Limpas. Unha o varias persoas, dependendo do número, non tocaban o chapapote e permanecían algo afastadas da limpeza. A súa función era atender as necesidades do resto e resultou unha figura fundamental. NU.