Glosario N.M.

Coñece máis sobre o glosario

Hilillos

1 Vertidos de hidrocarburo procedentes do pecio. 2 “Hilitos con aspecto de plastilina en estiramiento vertical”. Aquela frase do entón voceiro do goberno de Madrid, Mariano Rajoy, para definir a saída do petróleo pola fenda aberta no casco do barco quedaron como a gran metáfora da infravaloración dunha situación extrema. 3 Alguén non sabe do que falamos?