Hai que Botalos

1. A expresión levaba moito tempo na rúa, na boca da xente, e foi o título perfecto para a acción cinematográfica que mobilizou o voto en 2005 a prol da mudanza política. Algunha xente non concordaba co título, por parecerlle demasiado popular ou agresivo, pero a forma impersoal, tal que un mandato dirixido ao inconsciente colectivo, non tivo rival posíbel. A película, lanzada a través de Arredemo, foi un dos éxitos máis contundentes do cinema galego, aínda non recoñecido, con centos de miles de descargas na rede e proxeccións ao vivo nos catro cantos do planeta, incluída a Galiza. CS.

2 . Produção audiovisual composta por vinte e quatro curtas-metragens que ofereceram uma visão crítica dos aspetos políticos, sociais e naturais da Galiza, coincidindo com as eleições realizadas no ano de 2005.
Incentivado e promovido pola Arredemo – Burla Negra, o objetivo era denunciar e consciencializar sobre os motivos polos quais o presidente da governo galego, o senhor Manuel Fraga Iribarne, não deveria prevalecer nas eleições, como aconteceu. XP.