Glosario N.M.

Coñece máis sobre o glosario

Ghalipote

Tamén “jalipote” é como chamamos na Costa da Morte ó chapapote e probablemente a denominación estea importada do golfo de Cádiz. Moitas persoas aprenderon esa palabra aqueles días. Representa esa negrura mesta e terrible que enxordecía o mar e cubríao de morte.