Foro Nejro

1. Chamamos así ao ensaio de Asemblea Nacional Constituínte da Cultura Galega post-Prestige, que tivo lugar o 14-15 de decembro de 2003 no IGI (Instituto Galego de Información, espazo promovido por Isaac Díaz Pardo nas aforas de Santiago de Compostela, que representa unha utopía da comunicación para a Galicia dun futuro que nunca chegou). O Foro Nejro foi un espazo de encontro de axentes creativas, un punto de denuncia de censuras, persecucións e marxinacións de moitos axentes artísticos por parte do poder político e un foro de debate de ideas de futuro para a cultura galega do século xxi. XR.

2. Espaço de denúncia e construção de uma alternativa política e cultural comunitária em 2003 face à gestão desastrosa da maré negra do Prestige.
Uma segunda edição seria realizada em 2008 no atualmente desaparecido Instituto Galego de Información (IGI), sendo organizado pola Assembleia da Burla Negra constituída na rede Arredemo, com o objetivo de governar o descontentamento político na época e apoiar o tristemente desaparecido Isaac Díaz Pardo após o seu passamento no Grupo Sargadelos.
Em decorreu 2019 o III Foro Negro da Cultura enquadrado no projeto “Unha Gran Burla Negra. Criatividade popular e memória do Prestige 2002-2019”. XP.