Dulzaneiros

Entre as moitas xentes que pasaron por Muxía, lembro estes dulzaneiros que viñeron para acompañarnos coincidindo co Concerto Expansivo (outra palabra a lembrar) no que actuaba Emilio Cao. Foron moi solidarios e alegráronnos coa súa música de dulzainas. Lembro especialmente cando íamos con eles pola rúa e atopamos ó daquela alcalde, Alberto Blanco, tristemente célebre polo seu servilismo partidista e falta de compromiso co que ocorría. O alcalde ía no coche e tivo que parar para que pasaramos, e os dulzaneiros rodearon o coche tocándolle unha peza que era amable, mais semellaban Sioux rodeando o inimigo. Alberto dentro do coche agardou caladiño e estupefacto a que remataran e seguiu camiño. VR.