Des-Prestige

Palabra que aparecía nunha camisola que os de caramuxo.com deseñaron para a Burla Negra no décimo aniversario do Prestige. Aparecía debaixo dunha ilustración dun paxaro enchapapotado que levanta o voo mentres do seu corpo escorregan “hilillos” de piche. A xestión desta traxedia supuxo o desprestixio absoluto dunha clase política da que se evidenciou sobradamente a súa incompetencia, ineptitude, soberbia e desprezo pola xente e o País. MG.