Confianza na raíz

Foi un dos sintagmas que apareceron con máis pregnancia nas conclusións do Foro Negro, cando se abordou a maneira de combater o pesimismo e a resignación, instalados como unha insidiosa infección endémica na nosa cultura, e un xeito de activar o optimismo no inconsciente colectivo. Foi fundamental para manter aceso o facho do activismo nos anos posteriores á catástrofe, cando as grandes mobilizacións comezaron a esmorecer, e para alimentar tanto a creación da rede Arredemo, como o proxecto de Hai que Botalos, que permitiron pasarlle a factura ao goberno Fraga en 2005. CS.