Concerto Expansivo

1. Con máis de trescentas actuacións simultáneas en todo o país e no resto do estado, o Concerto Expansivo foi a demostración práctica de que a nosa cultura era quen de autoorganizarse e rebordar a situación anémica na que se pretendía mantela. O Manifesto contra o Silencio, escrito por Manolo Rivas, serviu de aglutinante a unha manifestación artística sen precedentes na que non faltou ningún xénero das artes escénicas, plásticas, literarias e audiovisuais. CS.

2. Performances, nomeadamente em formato de concertos reivindicativos, realizadas simultaneamente em numerosos pontos da geografia galega e além de nós, no dia 1 de fevereiro de 2003. O conceito expansivo foi uma das características basilares do Movimento Nunca Mais, qual atividade sísmica que liberta subitamente grande quantidade de energia por conta do choque entre as placas populares versus elites, sempre seguida de réplicas noutros espaços e no tempo. XP.