Coído

Un lugar mítico da denominada “zona cero”. É unha pequena enseada situada mesmo na vila de Muxía. Lembro que o chapapote chegaba ata as portas das casas, pintando as farolas do paseo de negro. Alí levei aos meus país -os meus avós eran muxíans- e cando miña nai viu o estado no que se atopaba a zona chorou de pena pois alí pasaba boas tempadas cando era unha nena. Alí estiveron os Reis de España cando visitaron Muxía. FS.