Carpa

1. Lugar de acubillo e protección. As carpas instaladas temporalmente foron outra gran metáfora do sucedido. Algunhas serviron para accións culturais como concertos, recitais ou a propia carpa do País de Nunca Máis, pero tamén foron os lugares onde o voluntariado recibía un bocata e un café logo dunha xornada de traballo arreo na praia. É a oposición á intemperie. RA.

2. En particular a de Portocubelo, por onde pasaron 99.000 voluntari@s e onde mulleres e homes da vila prepararon e serviron comida quente a varios centos de voluntari@s por día. ChF., ML., MLo., SS.