Glosario N.M.

Coñece máis sobre o glosario

Cadea Humana

A cadea humana foi unha manifestación onde milleiros de nenas e nenos de toda Galicia se uniron das mans para tecer unha cadea pola ribeira organizados polo colectivo Area Negra (un grupo de docentes que cómpre reivindicar e ás veces fica esquecido ao carón doutros como Burla Negra ou Nunca Máis). Pero, ademais diso, tamén a recoñeciamos polas cadeas de traballo que formaban as persoas que estaban na limpeza das praias para desprazar os capachos de chapapote dende a area ata os grandes colectores instalados por Tragsa onde se baleiraban para logo reenchelos de novo.