Burliño/a

Mascota que escollemos para representar a Burla Negra. Está inspirada nas llufas ou monicreques debuxados e recortados que se colgan no lombo dunha persoa sen que se dea de conta e que funcionan como “inocentadas”. Presentámola por primeira vez no Velorio do Mar da Coruña o 28 de decembro de 2002. É unha silueta esquemática dunha persoa debuxada en negro sobre fondo branco. Para nós é o xeito de non esquecer a burla da que fomos vítimas por parte dos gobernos que nos quixeron enganar coas súas mentiras. Tamén é un símbolo que representa a perda da inocencia da sociedade galega fronte ao poder. XR.