Batiscafo

1. Embarcación submarina para explorar as profundidades oceánicas. Pero foi tamén o ollo que nos deixou ver que os hilillos non eran diminutivos. O batiscafo fixo do mar un cadaleito. O barco. O mar. Nós. SI.

2. Espazo submarino de Poesía e Acción que se publicaba periodicamente en papel. O propio proxecto definíase como: Inmersión dunha burbulla de oxíxeno na profundidade do real // Espazo de intervención non-contaminado // Viaxe periódica ó corazón do maremoto // Feto enganchado pola corda umbilical ó buque-nodriza da indignación.