Arredemo!

1. Dicímolo cando algo nos sorprende, aínda que tamén funciona como queixa pola acumulación de cousas ou problemas que molestan ou incomodan. Por unha ou por outra razón, ou pola suma de ámbalas dúas, escollémolo como nome da rede cultural alternativa artellada a partir dos axentes socioculturais implicados en Nunca Máis, utilizando como soporte unha plataforma web que daba acubillo e servía de punto de encontro e mobilización. XR.

2. Cando aínda non existían nin Facebook nin Youtube, nós xa tiñamos A Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo, un poderoso medio de comunicación popular que o poder político foi incapaz de controlar, e que aproveitou as novas tecnoloxías dixitais, aínda escasamente coñecidas polos medios convencionais e o sistema administrativo, para apoiar as mobilización sociais e medio-ambientais, e hackear a censura e a desinformación. Mantívose activa até 2008. CS.