@

Afrontamos a consigna de afogar mediaticamente a realidade da marea negra e as responsabilidades do goberno nela, había que romper o silencio. Máis aló de escribir nos medios convencionais que nos permitiron facelo contando a nosa verdade, rompemos fronteiras a través da Internet co “correo electrónico”. A través do correo fixemos circular polo mundo un manifesto “Nunca máis” e a recolleita de sinaturas. ST.