Sobre o Glosario

Este Glosario é unha proposta de traballo colectivo desde a que volvemos convocar a lingua nai do movemento cidadá do Nunca Máis, especialmente, coincidindo co vinte aniversario do afundimento do Prestige. Trátase de recuperar os vocabularios que foi preciso inventar ou resignificar para nomear, loitar e compartir un tempo excepcional marcado pola catástrofe, o desgoberno e a emerxencia dunha cidadanía soberana que soubo organizarse contra o poder que puña en risco todas as formas de vida.

Interpelamos desde aquí ás voces que foron movemento para seguir convocando palabras e significados.

Como os nenos e as nenas que necesitan da aprendizaxe da lingua materna para relacionarse co mundo, esperamos que moitas podamos re-aprender a lingua dunha comunidade que defendeu, ante todo, a dignidade. Serviranos pois para honrar a nosa memoria cidadá. Para lembrar, descubrir e recoñecer a súa potencia. Ademais, como calquera outra lingua, será tamén un tesouro que decante formas de relacionármonos coa complexidade, singulariedade e multiplicidade da experiencia que abriu o Nunca Máis.

* Proxecto subvencionado pola Deputación da Coruña (Programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais).