Faladoiro ‘O chapapote na ría. Activismo mariñeiro, cultural, social’
- Sábado, 5 de Outubro do 2019 ás 11:30h
- Peirao de bateeiros, zona portuaria de Rianxo
- Rianxo

En relación coa exposición ‘Unha Gran Burla Negra. Guerrilla gráfica’, que se puido ver no Auditorio de Rianxo a pasada primavera, organizamos o faladoiro ‘O chapapote na ría. Activismo mariñeiro, cultural, social’. A conversa realizarase a bordo dun bateeiro que navegará pola Ría para lembrar o compromiso da xente do mar na limpeza do chapapote do Prestige, nos últimos meses de 2002 e comezos de 2003. Contaremos coa participación de Nito Dios (mariñeiro e membro da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa), Felipe Louzán (capitán de Marina Mercante e perito de Nunca Máis), mariñeiros e mariñeiras de Rianxo que viviron de primeira man aqueles días e outras persoas implicadas nas loitas de Nunca Máis nos xulgados.
Sábado 5 de outubro de 2019
Saída: do peirao de bateeiros (detrás do Taberneiro, zona portuaria de Rianxo) ás 11.30 h.
Regreso: 13.30 h.
Número de prazas: 55
Inscricións: por correo electrónico (unhagranburlanegra@gmail.com).