Exposición ‘Unha Gran Burla Negra. Arquivo Vivo’

  • Comeza: Martes, 29 de Xaneiro do 2019 ás 20:00h
  • Remata: Sábado, 16 de Marzo do 2019 ás 20:00h
  • Igrexa da Universidade
  • Santiago de Compostela

O 19 de maio do 2003, seis meses despois do afundimento do Prestige, saía do prelo o primeiro volume de Nunca Máis. A voz da cidadanía. A equipa da editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas, de Ourense, adicárase os meses anteriores a colectar e compor un relato visual do que intuían que era un movemento social histórico. No texto de presentación deixaban claro o obxectivo de tal empresa: “… compilar documentos para despois devolvelos á cidadanía sen máis intencións que materializar a memoria colectiva e dar fe do ocorrido”. Facíano como punto de partida para futuras reflexións. E coa intención de que todo o material recollido fora “posteriormente doado a unha institución” para que o catalogase e o mantivera “ao dispor da nación galega como parte da súa historia”.

15 anos despois recollemos, con responsabilidade, aquel cabo lazando cara adiante no tempo. Xunto aos fondos de Difusora, mostramos nesta exposición parte dos documentos e materiais xerados pola Asociación Cultural Benito Soto (paraugas legal da Plataforma contra a Burla Negra), Arredemo, o Foro Negro, a coordinadora do ensino Area Negra e moitos outros colectivos e persoas. Seguimos.

Do 29 de xaneiro ao 16 de marzo

Horario:

de luns a venres de 17.00 h a 20.30 h

sábados de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.00 h

Inauguración o martes 29 de xaneiro ás 20.00 h

 

*Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña

 

*Colaboran: