Exposición de paneis informativos

  • Luns, 19 de Novembro do 2018 ás 16:00h
  • Auditorio de Galicia. Corredoiro de principal
  • Santiago de Compostela

Acompañando ao acto inaugural e a o III Foro Negro a celebrar o sábado 15 de decembro, dende o luns 19 de novembro de 2018 –día en que se cumprirán dezaseis anos do afundimento do Prestige– ata o martes 8 de xaneiro do 2019, no corredor principal do Auditorio de Galicia estarán situados unha serie de paneis informativos sobre o proxecto Unha Gran Burla Negra. Creatividade popular e memoria do Prestige (2002 – 2019).