Velorio do mar e morte de Man de Camelle

A Coruña; Ourense
28 de Decembro de 2002

Máis de dez mil persoas participan na praia do Orzán na Coruña, nun simbólico velorio do mar, convocado por Burla Negra e Nunca Máis.

Morre Man, o alemán que vivía en Camelle desde hai 40 anos como un ermitán. O seu museo, construído pedra a pedra no peirao, estaba ennegrecido polo chapapote, coma a súa alma que non puido resistir o golpe.