Segunda marea negra

Fisterra; Muxía
30 de Novembro de 2002

Unha segunda marea negra de 11.000 toneladas de fuel, verquidas cando o Prestige partiu, avanza unha vez máis cara a Costa da Morte. O petróleo afecta a Fisterra e a Muxía, entre outras zonas. 
Mentres, o presidente da Xunta, Manuel Fraga Iribarne, participa nunha xornadas gastronómicas en Guimaraes, onde alaba o bacallao portugués.