O gran apagón

27 de Decembro de 2002 | 22:00h

As plataformas Nunca Máis e Burla Negra convocan un apagón voluntario de cinco minutos ás dez da noite, para protestar pola ‘cegueira’ das autoridades galegas e españolas. Secundan a protesta case 200 webs de todo o Estado e os concellos da Coruña, Ferrol, Vilagarcía e Santiago.