Nace a Plataforma cidadá do Nunca Máis
21 de Novembro de 2002
Poucos días despois do afundimento do Prestige nacía un movemento popular constituído para reclamar responsabilidades medioambientais, xudiciais e políticas polo desastre do petroleiro. O seu símbolo era unha bandeira galega con fondo negro en lugar do branco.
