Manifestación das maletas
A Coruña
9 de Febreiro de 2003
Unhas 200.000 persoas, segundo cálculos da plataforma Nunca Máis, déronse cita na Coruña para participar nunha manifestación simbólica contra a emigración forzosa , baixo o lema ‘Salvemos o mar ou só nos queda a maleta’. A marcha discorreu nun ambiente festivo e lúdico e boa parte dos manifestantes levaron maletas de fabricación artesanal que foron depositadas no peirao e ante a Subdelegación do Goberno